26-09-2024
     
Xoves a sábado: 17:00 h. | Domingo: 12:00 h.
Praza do Concello | En caso de choiva: Centro Social Polivalente de Brión (Pedrouzos-Brión)

VIII FESTIVAL MONECADAS

En setembro, chega a Brión unha nova edición do Festival Monecadas, que este ano coincide en datas coa Romaría de Santa Minia. Un festival para todos os públicos pensado especialmente para as persoas máis pequenas da casa.

Programa:

Xoves 26 de setembro | 17:00 h.

"Emotivas" - Titiritrés

A través dos nosos amigos Melancolía, Irritación e Seguridade descubriremos que son as emocións, como nos fan sentir e o complexas e divertidas que poden chegar a ser. Estas tres personaxes farannos viaxar a outros lugares onde cantaremos, riremos e aprenderemos a entender que sucede no noso interior.

Venres 27 de setembro | 17:00 h.

"Unha armadura con ferruxe" - Títeres Cascanueces

Un cabaleiro quedou preso na súa armadura. Agora a súa familia non sabe cal é o seu verdadeiro aspecto. A súa esposa e o seu fillo loitan desesperadamente por liberalo.
Función de monicreques dinámica e amena para todos cunha mensaxe moi importante sobre a igualdade de xénero.

Sábado 28 de setembro | 17:00 h.

"Cachimóbil: a cabeza do dragón" - Títeres Cachirulo

Adaptación para marionetas da obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, “La cabeza del dragón”. O Príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo  falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten apresada a filla do Rei Micomicón para poder retornar triunfante a casa.

Domingo 29 de setembro | 12:00 h.

"A Cuba!" - Títeres Alakrán

"A Cuba!" é unha produción que xoga cos personaxes do teatro bufo cubano (o galego, a mulata e o negriño) para contar a historia dun galego que emigra a Cuba a principios do século pasado.

Todas as funcións celebraranse na Praza do Concello (Pedrouzos) con acceso libre. En caso de meteoroloxía adversa, trasladaranse ao Centro Social Polivalente (Pedrouzos).

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-09-29