CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A BRIGADA DE OBRAS DESTINADO Á EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS, INCLUÍDO NO PLAN DE EMPREGO LOCAL. (SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, PROGRAMA PEL-CONCELLOS ANO 2025)

Por resolución desta alcaldía de data 11 de marzo de 2025, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para contratar persoal laboral temporal para a brigada de obras destinado á execución de obras e servizos municipais, incluído no Plan de Emprego Local. (Subvención da Deputación da Coruña, Programa PEL-Concellos ano 2025).

O prazo de presentación de instancias será de dez  (10) días naturais dende o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Número de conta para ingreso das taxas polos dereitos de exame (10€): ES14 2080 0327 4731 1000 0016 / TITULAR: CONCELLO DE BRIÓN