SELECCION DE ALUMNADO E PERSOAL PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO RENOVA IV

Proceso de selección do alumnado e do persoal directivo e docente do obradoiro de emprego Renova IV, promovido polos concellos de Ames e Brión, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo y economía social. A data de inicio está prevista para finais do mes de outubro de 2021 e a duración será de nove meses.

O obxecto do obradoiro de emprego é o mantemento e instalación de paneis solares fotovoltaicos e aerotermia en diferentes locais municipais dos ditos concellos.