O Concello de Brión informa de que o próximo martes 19 de outubro, entre as 9:00 e as 12:00 horas, procederase a cortar o subministro de auga potable nos seguintes lugares: Gundín, Lago, Cabanas, Gontade, Souto e Gosende (na parroquia dos Ánxeles) e Saíme (na parroquia de Bastavales).
A interrupción está motivada pola realización de traballos de mellora na rede de abastecemento de auga potable por parte da empresa concesionaria deste servizo. Aínda que a previsión é ter rematado as obras ás 12:00 horas, a rede considerarase a presión a todos os efectos, de forma que se os traballos rematasen antes, restableceríase o servizo de inmediato.
Desculpas polas molestias que esta actuación poida ocasionar. En caso de emerxencia, poden chamar ao 639 671 172.