Brión celebrou a festa do Entroido

Comparsa Os Gaitistas de Hamelín, primeiro premio na súa categoría
Un desfile e o tradicional concurso de disfraces serviron de colofón ás festas do Entroido na comarca.

Don Carnal regresou a Brión para retomar a tradicional celebración do Entroido, despois do obrigado parón do pasado ano. As máscaras de carnaval mesturáronse coas sanitarias nun evento que convocou a numeroso público nunha nova localización ao aire libre que substituíu ao habitual escenario cuberto do Pavillón Polideportivo Municipal.

Foi, precisamente, dende as mencionadas instalacións deportivas de onde arrancou o desfile de disfraces deste ano que, organizado en diferentes categorías, transcorreu polo Paseo de Pedrouzos e a Rúa Tarrío ata o Parque de Lamiño. Neste punto desenvolveuse a fase de concurso e o posterior serán musical, a cargo do grupo Ritmo.

O xurado, presidido pola concelleira de Cultura, Sandy Cebral, concedeu o primeiro premio a “Os gaitistas de Hamelín (da asociación Camiño Real de Poulo, Ordes), dotado con 300 euros. En total, repartíronse 2.550 € entre as distintas categorías. Entre as comparsas foi finalista outro clásico destas festas, “O circo de Laraño” (da asociación A Ruliña de Santiago), e “Musas das flores” impúxose entre os grupos participantes.

Premiados no concurso:

MODALIDADE INFANTIL INDIVIDUAL (ata 11 anos)

5º Premio (vale por 20 € en mat. didáctico ): O BOMBEIRO ECOLOXICO.

4º Premio (vale por 30 € en mat. didáctico ): EL REGRESO DEL CAPITÁN AMÉRICA.

3º Premio (vale por 40 € en mat. didáctico ): AINÉ, DIOSA CELTA DEL MAR Y AIRE.

2º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico ): SANDRA RAIÑA DO MAR.

1º Premio (vale por 60 € en mat. didáctico ): A DAMA ANTIGUA.

MODALIDADE XUVENIL INDIVIDUAL (ata 17 anos)

2º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico ): O ASTRONAUTA.

1º Premio (vale por 60 € en mat. didáctico ): BEYONCÉ.

 MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL(+ 18  anos):

3º Premio (50 €): LITO DA PANORAMA.

2º Premio (75 €): VEÑO DA FEIRA.

1º Premio (100 €): GODZILLA POLA VILA.

MODALIDADE PARELLAS

5º Accesit (30 €): DÚAS PAISETAS RECICLADAS.

4º Accesit (30 €): A FANTASÍA DOS CISNES.

3º Accesit (30 €): CULTURA INUIT.

2º Accesit (30 €): XAN E PERICÁN.

1º Accesit (40 €): ZINGARAS.

3º Premio (100 €): TAN-XUNTAS.

2º Premio (125 €): ERASE UNHA VEZ...PINOCHO.

1º Premio (150 €): O MUNDO MÁXICO DE PINOCHO.

MODALIDADE GRUPOS

3º Premio (150 €): BAJO EL MAR.

2º Premio (175 €): MARIO Y LUIGI A LA CARRERA.

1º Premio (200 €): MUSAS DAS FLORES.

MODALIDADE COMPARSA

4º Premio (150 €): AAAY...URDILDE NO TE RAJES.

3º Premio (200 €): OROSO WEST.

2º Premio (250 €): O CIRCO DE LARAÑO. Asociación Cultural R.E.D. Laraño “A Ruliña”

1º Premio (300 €): OS GAITISTAS DE HAMELÍN. Asociación Cultural Camiño Real de Poulo