É obxecto das presentes bases a regulación do proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, para a creación dunha bolsa de traballo para a provisión de postos de auxiliar administrativo/a, como funcionario/a interino/a, cando se dea algunha das circunstancias establecidas nas letras b): A substitución transitoria dos titulares, durante o tempo estritamente necesario, e d): O exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de nove meses, dentro dun período de dezaoito meses; do artigo 10.1 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
As funcións a realizar serán as correspondentes a un posto de auxiliar administrativo, consonte coas condicións establecidas na relación de postos de traballo vixente no Concello de Brión, para un posto de auxiliar administrativo, isto é: Grupo/Subgrupo: C/C2. Escala: Administración xeral. Subescala: Auxiliar. Complemento de destino: 18. O sistema electivo elixido é o concurso.