Maio Cultura-Letras Galegas 2022 [Editado]

Maio Cultura-Letras galegas 2022
Brión conmemorará un ano máis o Día das Letras galegas cunha programación cultural que se estenderá ao longo do mes de maio.

O Día das Letras Galegas deste ano homenaxeará a Florencio Delgado Gurriarán. Escritor e militante galeguista que trala fin da Guerra Civil tivo que exiliarse a México, país onde se establecería definitivamente.

Con motivo desta celebración, Brión dedicará o seu Maio Cultural-Letras Galegas 2022 a este autor. Dende o 7 ao 31 de maio, están previstas unha sería de actividades, algunhas en colaboración cos centros de ensino do municipio, para celebrar o mes no que florecen as Nosas Letras.

Actividades programadas:

- Día 7 maio. Fegateatro. Centro Social Polivalente, 20:00 h.

O grupo Teatro Escoitade de Vigo presenta "Dominó Celeste ou Que vai ser de ti, Ernesto!"
Traxicomedia. Maiores de 14 anos.
Sinopse: Que acontece cando es levado a un lugar para curarte? Por que non o entendes? Que atopas cando nada hai ao teu arredor? Por que o cerebro te leva por carreiros tan retortos? Quen provoca estes desvaríos?... Observa, entón, toda unha vida perfilada con lembranzas cando se rachan as ligazóns neuronais.

- Día 13 maio. Espectáculo musical con Xoán Curiel. Sala Municipal de Exposicións. 18:00 h.

Crianzas de entre 6 e 12 anos de idade.
Xoán Curiel presenta “Cantando as nosas letras”. Xoán canta a Xela Arias, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Florencio Delgado Gurriarán e algúnhs outros/as autores das nosas letras. Un percorrido musical para falar das súas obras e das súas experiencias vitais, co obxectivo de achegar estas figuras ao público asistente.
Entrada de balde ata completar aforo. Reserva en: bibliotecadebrion@briondixital.org. (Envía unha mensaxe co nome dun adulto, un tfno. de contacto e o número de cadeiras que desexas reservas.)

- Día 13 maio. Encontro Literario con Úrsula Heinz. Sala Municipal de Exposicións. 20:30 h.

Esta recoñecida autora presenta o libro “Flashes”. Estará acompañada por Luís Alonso Girgado, Víctor F. Freixanes e Dolores Vilavedra.

- Día 14 maio. Fegateatro. Centro Social Polivalente, 20:00 h.

Farándula Velutina de Corcubión presenta “A derradeira bala”
Comedia. Maiores de 7 anos
Sinopse: Luciana Cardone decide abandonar as trincheiras para ir na busca doutro mundo, cheo de poesía, teatro, música…pero descuberta e xulgada polos seus superiores, é condenada a morte. Á mañá seguinte, será fusilada coa derradeira bala que garda o pelotón. Mais o amor pola música de Luciana e as súas ansias de liberdade farán que a cousa se complique un chisco polo camiño.

- Día 16 maio. Cerimonia de entrega do IV Premio Laudamuco para textos teatrais a Paula Carballeira.
Sala Municipal de Exposición. 20:30 h.

- Día 19 maio. Presentación da obra “Rastros” de Roberto Vidal Bolaño.

Sala Municipal de Exposicións. 20:30 h.
Co presenza de Paco Macías de Edicións Positivas e do director teatral Lois Blanco Araúxo.

- Día 21 maio. A Compañía Coproducións Condetrespés representa “Rastros"

20:00 h. Centro Social Polivalente.
Sinopse: Santiago de Compostela. Finais do século XX. Esther agoniza no hospital. Tres homes, seguramente os máis importantes da súa vida, relembran momentos que compartiron con ela, apunto de cumprir os 30 anos. Iago, Moncho e Xan están no mesmo espazo, están na cabeza dela a punto de marchar. A viaxe dos recordos é un punto de encontro duns amigos que compartiron case todo, agás evolucionar

- Día 28 maio. VII Andaina Terras de Altamira

- Día 28 maio. Fegateatro. Centro Social Polivalente. 20:00 h.

Disfunción Continua Teatro de A Estrada presenta “Departamento de selección”
Drama. Maiores de 16 anos

Sinopse: Este espectáculo, dirixido a un público maior de 16 anos, presenta varias personaxes que aceptan participar nun xogo cruel e perverso, onde manifestan o seu cinismo, egoísmo, intolerancia e falta de empatía. O público, xunto coas personaxes, debe decidir ata onde chega a verdade e onde comeza o truco. O espectador poderá reflexionar sobre o comportamento humano e os valores da sociedade de mercado en que vivimos. A obra, que alterna momentos máis divertidos con outros máis dramáticos, é unha crítica á deshumanización do mundo capitalista, que nos converte en inimigos e competidores, dispostos á loita máis salvaxe na que todo vale.

En todos os espectáculos teatrais a entrada será de balde ata completar aforo. Reserva de localidades en billeteira.concellodebrion.gal

Espectáculos para os centros educativos do Concello:

Asemade, os centros de ensino de Brión van gozar dunha programación cultural especial, con espectáculos dirixidos aos diferentes niveis educativos:

4 de maio: IES de Brión

Serafín Marcos: “Coa ledicia de voltar”
Obra didáctica sobre Florencio Delgado Gurriarán.

11 de maio: CEIP de Pedrouzos. Tres pases para diferentes grupos. Aulas de Infantil.

A Xanela do Maxín: “U-la Lúa?”

Unha versión reducida do espectáculo "U-la Lúa?". A igualdade e a non violencia son alicerces dunha historia tan entrañable como auténtica. Personaxes ficticios mostran unha realidade que padecen nenas e mozas en todo o mundo, ás que se lles nega, en diferentes grados, o pleno desenvolvemento como persoas e a consecución dos seus soños. A gatiña Lúa oponse a iso, sendo exemplo de constancia e valentía.

16 de maio: Escola de Os Ánxeles | 11:30 h.

Música Miúda en concerto!

Coñeces as cancións de Bemol Pequeno? Vén bailar e cantar coa meiga Xela, o dinosauro Pepón, e moitxs máis personaxes. Un espectáculo de música en eléctrico para toda a familia!

23 de maio: Centro Social. Dous pases: 2º e 3º de Primaria do CEIP de Pedrouzos

Títeres Alakrán: “Desconexión”

As nosas vidas dependen da cobertura, da velocidade da transmisión de datos, da wifi ou da fibra óptica, dun entorno virtual e invisible… Somos unha sociedade hiperconectada, que entra en pánico se unha aplicación cae ou o sistema queda colgado.

25 de maio: Centro Social. Dous pases: 1º e 4º de Primaria do CEIP de Pedrouzos

Títeres Tanxarina: “A galiña azul”

Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Poñen ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.

27 de maio: CEIP de Pedrouzos | Dous pases: 5º e 6º de Primaria.

Serafín Marcos: “Coa ledicia de voltar”
Obra didáctica sobre Florencio Delgado Gurriarán.

27 de maio: Escola de Bastavales | 11:00 h.

“O Titiribaile. A Sala de Catapunchimpun” con Erika González

31 de maio: Escola Infantil Municipal | 10:30 h.

Xarope Tulú: “Carochas”

Un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia (0-3 anos) que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, da canción e xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos