23-06-2022
     
Concello de Brión

NORMAS BÁSICAS DAS CACHARELAS DA NOITE DO SAN XOÁN 23/06/2022

1.- As persoas que desexen realizar unha cacharela nesta data nun terreo público ou privado deberán comunicalo ao Concello de Brión antes do día 22 de xuño do 2022, ás 14.00 horas. a través do teléfono 981 88 70 06 onde terán que indicar os seguintes datos:
- LOCALIZACIÓN EXACTA onde se pretende levar a cabo a cacharela, domicilio ou referencia catastral si se vai realizar nunha parcela. No caso de cacharelas solicitadas para espazos públicos deberán indicar nun mapa o lugar exacto da celebración.
- NOME E APELIDOS E DNI da persoa que o solicita.
- Nº DE TELÉFONO de contacto

2.- Os organizadores deberán coidar os arredores e coñecer os seguintes números de teléfono: POLICÍA LOCAL: 981 89 34 74, GES: 629 87 15 42.

3.- O volume de combustible da cacharela non excederá dos 3m. de diámetro, 9m. de perímetro e 3m. de altura.

4.- A cacharelas deberán separarse como mínimo 15m. dos edificios e 50m. das masas arbóreas. Poñerase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables nin vehículos.

5.- Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, e en xeral calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. Tampouco se poderán botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.

6.- A fogueira permanecerá vixiada polas persoas responsables ata a súa total extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos con auga, e asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante vento que supoña un risco de causar un incendio ou danos aos inmobles próximos, esta deberá suspenderse inmediatamente.

7.- A hora límite para rematar a celebración é as 03:30h. da madrugada, de acordo co disposto no Art. 5.F. da Lei 10/2017 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

O cumprimento das normas respecto ás cacharelas será comprobado pola Policía Local e/ou as forzas de seguridade.

O Concello de Brión agradece a colaboración da veciñanza para o bo desenvolvemento da festa da noite de San Xoán.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2022-06-24
Documentos