A chegada do CHCN TOUR traerá a Rañalonga hípica, musica e espectáculos na fin de semana do San Xoán

Cabalo
Serán máis de 110 cabalos os que participen nas diferentes probas ao longo da fin de semana, a organización mostrase moi contenta coa resposta dos xinetes e ilusionada por volver a traer a Brión os espectáculos ecuestres.

Coas inscricións pechadas, dende o pasado día 20 de Xuño, tanto para o Concurso de Saltos Nacional Duas Estrelas como para o Concurso Completo de Equitación (organizado xunto co Centro Equestre La Croupe) a organización móstrase moi ilusionada e Javier Masaguer confirma que "serán máis de 110 cabalos os que participen nas diferentes probas ao longo da fin de semana, a verdade é que estamos moi contentos coa resposta dos xinetes, para nós é un gran reto volver a traer a Brión os espectáculos ecuestres e esperamos estar á altura"

Cabe destacar que non só haberá competición deportiva senon que tal e como apunta Diego Gómez, director do concurso, “decidimos que o evento sexa unha gran festa que vai comezar o 23 de xuño coa chegada a Rañalonga dos cabalos. Xa pola noite terá lugar a cacharela de San Xoán e a primeira das actuacións musicais".

Os horarios da parte deportiva, que poderían sufrir algunha modificación en caso condicións meteorolóxicas adversas, darán comezo o venres 24 ás 12h. coaas probas de salto que se estenderán ata as 20h. O sábado 25 dende as 10 da mañan comezará o Concurso Completo de Equitación coa parte de doma e as 12:30h. desenvolverase a parte de salto paralelamente ao Concurso de Saltos Nacional Duas Estrelas. A xornada do domingo pechará o concurso coa proba de Cross no Concurso Completo de Equitación e o Gran Premio Concello de Brión na disciplina de salto.

Programación musical:
Xoves “ Noite de San Xoán”: 22:00 VIGNOLA
Venres “Música no Camiño” 22:30 SMOKE TRIO
Sábado “Noche de Picadiscos” 22:30 DJ JAVIVI
Domingo “ Vermuteando no CHNC” 13:30 SOMOZA TRIO

FOTO: CHNC A Amazona Clara García nunha proba na pasada edición do CHNC