EXPOSICIÓN CENSO ELECTORAL

Recibiuse do Instituto Nacional de Estatística o CENSO ELECTORAL que se empregará nas próximas Eleccións Autonómicas do ano 2024 que terán lugar o 18 de febreiro de 2024. Este censo é o pechado a 28 de setembro de 2023.

O Censo estará exposto ó público nas oficinas municipais dende o día 02 ata o 08 de xaneiro de 2024 (horario de 9:00 H a 14:00 H) para que poida ser examinado polos interesados e presentar, no seu caso, as reclamacións correspondentes. É necesario presentar o carné de identidade, pasaporte ou permiso de conducir para realizar a consulta informática do mesmo. No caso de cidadáns da Unión Europea será válido como documento a tarxeta de residencia ou calquera dos documentos sinalados anteriormente que dispoña de fotografía.

As reclamacións deberán estar asinadas polo propio interesado.

Ademáis para calquera consulta poden chamar o teléfono de información do censo: 900-343-232.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.