O Concello de Brión desexa colaborar na resolución da crise humanitaria derivada da evacuación de persoas refuxiadas de Afganistán
En resposta á solicitude de colaboración que realiza a FEGAMP para o acollemento de persoas afgás refuxiadas, o Concello de Brión ven de poñer a disposición das entidades con competencia na materia que van a desenvolver o Plan de Acollida os seguintes medios, que se irán implementando segundo sexan requiridos:
- Actualización e xestión do “Rexistro de Familias de Acollida de Brión para Persoas Refuxiadas”
- Posta a disposición da rede “Brión Solidario” para a dotación de artigos do fogar, roupa, calzado, xoguetes, material escolar, artigos de hixiene, alimentos de primeira necesidade…
- Outorgamento de prioridade e gratuidade para o acceso a servizos municipais educativos, culturais e de lecer.
- Apoio para a comunicación mediante a xestión de tradutor/a e mestre/a de castelán/galego
- Outorgamento de medios de apoio ao transporte e á comunicación coas instancias administrativas en Santiago: tarxeta social metropolitana gratuíta
- Información, orientación e apoio na xestión de trámites administrativos, a través dun servizo especializado en dereito internacionaI