BRIÓN: UNHA HISTORIA QUE CONTAR | AS MÁMOAS DE RAÑALONGA
O Concello de Brión organiza un novo serán divulgativo arredor da historia do municipio. Baixo a denominación de "As Mámoas de Rañalonga: sepulturas do tempo dos mouros", trátase dunha actividade cultural dirixida a tódolos públicos e orientada a difundir e por en valor a historia e o patrimonio arqueolóxico do noso Concello.
DATA DE CELEBRACIÓN: Sábado, 20 de abril de 2024
HORA: 17:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións.Casa da cultura de Brión.
PROGRAMA
- 17.00 h. - Acollida por parte de integrante do equipo do goberno local ou técnico de cultura do Concello de Brión.
- 17.05 h. - As Mámoas da Rañalonga co libro de Federico Silva na man: "Nas Raíces de Brión: as MÁMOAS DE RAÑALONGA".
- 17.30 h. - “Megaliticia. Dolmens de Galicia” co brionés Álex Negreira.
- 17.45 h. - Tertulia coas persoas asistentes.
- 18.30 h. - Experiencia sensorial no lugar das Mámoas do Chan de Montouto e o Camiño Francés coa escritora Mariña Pérez Rei, a especialista certificada en Baños de Bosque Marga Chao e a creadora da actividade Minia Del Río.
- 18.50 h. - Peche da actividade
Actividade de balde, ata completar a capacidade do local, con inscrición previa: 617 421 276 (Whatsapp)
Correos electrónicos: hola@latexosdeturismo.com, latexosdeturismo@gmail.com
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-04-20
Documentos