DESBROCE E LIMPEZA DE TERREOS E SOLARES
Para o cumprimento da Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes de Galicia, do Capítulo VI da Lei 9/2017 de 26 de decembro, e da Lei 3/2007 do 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, recordase que:
PRIMEIRO.- As persoas propietarias de terreos e solares do termo municipal de Brión, independentemente do tipo de solo, TEÑEN A OBRIGA DO SEU MANTEMENTO E LIMPEZA, DURANTE TODO O ANO, E EN ESPECIAL ANTES DO 30 DE MAIO DE CADA ANO, data na que comeza a época de perigo de incendios.
SEGUNDO.- Debese XESTIONAR A BIOMASA VEXETAL nunha franxa 50 metros perimetrais:
- ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable (recordamos que hai que limpar tamén a maleza das parcelas urbanas)
- arredor das edificacións destinadas a persoas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, gasolineiras e parques industriais situados a menos de 400m do monte
- arredor das edificacións illadas en solo rústicos situadas a máis de 400m. do monte.
TERCEIRO.- RETIRAR PIÑEIROS, EUCALIPTOS, MIMOSA, ACACIA E O RESTO DE ESPECIES recollidas na disposición adicional 3ª da Lei de incendios que estean situados a menos de 50m. dos solos e edificacións indicados no punto anterior.
CUARTO.- Unha vez realizada a curta, a EXTRACIÓN OU A TRITURACIÓN DA BIOMASA FORESTAL residual realizarase nun prazo máximo de QUINCE DÍAS si o aproveitamento se fixo en época de alto risco de incendios ou de UN MES o resto do ano.
NO CASO DE INCUMPRIMENTO DAS OBRIGAS SINALADAS anteriormente o Concello de Brión, segundo o disposto na Lei, procederá a notificar ás persoas responsables da súa obriga e tamén poderá instruír un procedemento sancionador que conleve a aplicación de multas coercitivas, se fora o caso.