20-10-2023
     
18:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

DÍA DAS BIBLIOTECAS | CONTACONTOS | "O PAROLEIRO" CON PABLÍSIMO

Cada 24 de outubro celebraremos o Día das Bibliotecas. Unha data conmemorativa para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura. Para celebralo, uns días antes, a biblioteca municipal de Brión convídanos a participar nun serán de narración oral: Os Contos de Pablísimo que presentará en Brión espectáculo “O Paroleiro”.

DATA: venres 20 de outubro
HORA: 18:00 h.
LUGAR: Sala Municipal de exposicións (Casa da Cultura)

SINOPSE:

“O Paroleiro”, un personaxe moi amigo de parolar... que gusta de laretar, enredar, falar e de contar historias e contos que leva na memoria, nas maletas, nos petos e nos zapatos. Un contacontos a cargo de Pablo Sánchez que, como todos os seus espectáculos, toma como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia.

Xénero: Contacontos | Publico: crianzas de 4 a 10 anos | Duración: aprox. 50 min.

Entrada libre ata completar a capacidade do local. Reserva previa a través deste formulario.

Espectáculo patrocinado polo programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Fecha Fin
2023-10-20