11-11-2022
     
12:00 h.
Carballeira de Santa Minia

Día do Peón 2022

Dende Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, en colaboración co Concello de Brión, lánzase unha nova convocatoria de celebración do Día do Peón.

Cando? O venres 11 de novembro, día de San Martiño.

Acto central. O evento principal desenvolverase no Concello de Brión, na Carballeira de Santa Minia, ás 12 horas e consistirá no lanzamento colectivo de peóns e bailaretes coas comunidades educativas das escolas infantís dos Ánxeles e Sabaxáns, o CEIP de Pedrouzos e o IES Brión. Tamén haberá a exhibición dun artesán torneiro e un magosto.

Con quen? A lectura do manifesto correrá a cargo de Lucho Penabade, actor, director, guionista e membro do grupo de teatro Os Quinquilláns.

Máis información: http://brinquedia.net

Fecha Fin
2022-11-11