ENCONTRO LITERARIO EN BRIÓN CON CHARO PITA
Con motivo da celebración do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, a biblioteca municipal organiza un encontro literario coa recoñecida narradora e escritora Charo Pita que presentará en Brión a súa última publicación, “Retratos en branco e negro”. Un libro editado por Galaxia onde as fotografías serven de inspiración aos catorce relatos que aparecen nesta obra.
LUGAR: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
DATA E HORA: 20 de outubro ás 20:30 h.
Entrada libre ata completar aforo.
Máis información no blog da biblioteca municipal.
Fecha Fin
2022-10-20