GALICIA LATENTE | OBRADOIRO: DECONSTRUÍNDO CONCIENCIAS
O Concello de Brión organiza un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Trátase dun proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente.
Galicia Latente ofrecerá en Brión un obradoiro chamado “Deconstruíndo conciencias” Este obradoiro comeza cunha presentación sobre a importancia e dimensión da cultura, continuado cunha proxección do documental Galicia Latente e logo un coloquio titulado “retos e oportunidades da cultura galega”, rematando cunha recollida de valores locais.
Data de celebración: Sábado, 8 de xuño
Hora: 10:30 h.
Lugar: Casa da Cultura de Brión
Entrada libre ata completar a capacidade do local.
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-06-08