A LÚA VAI ENCUBERTA | TEATRO
A LÚA VAI ENCUBERTA é a obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais que xorde da unión das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante para poñer en pé un espectáculo multidisciplinar no que reflexionar arredor da identidade a través da música, o movemento, as imaxes e a palabra.
Este espectáculo, dirixido por Tito Asorey, con dramaturxia de Vanesa Sotelo e interpretado por Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e Tito Asorey, foi estreado o pasado día 10 de Setembro no Teatro Principal de Ourense, e durante este ano 2021 estivo presente nas programacións dos seguintes concellos: Verín, Villaba, Pontevedra, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Barbadás, Ourense, Betanzos, Lugo, Carral, Noia, Fene, Chantada, Sarria e Foz.
DATA E HORA DE CELEBRACIÓN: Sábado 08 de outubro ás 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente
ENTRADA LIBRE ata completar o aforo.
Tráiler do espectáculo teatral