En resposta á solicitude de colaboración que realiza a FEGAMP para o acollemento de persoas ucranianas refuxiadas, no marco das acción de colaboración coa Secretaría de Estado de Migraciones do Ministerio de Inclusión Social, Seguridad Social y Migraciones, o Concello de Brión ven de poñer a disposición das entidades con competencia na materia e que van a desenvolver o Plan de Acollida, distintos recursos para a cooperación, que se irán implementando segundo sexan requeridos.
Entre estes recursos figura a actualización e xestión do “Rexistro de Familias de Acollida de Brión para Persoas Refuxiadas”.
Con este fin, ponse en coñecemento de toda a veciñanza de Brión, que se dá comezo á actualización do dito Rexistro, no que se poderán inscribir todas as familias/persoas que estén dispostas a acoller nas súas vivendas ou en vivendas alternativas, a persoas refuxiadas procedentes de Ucrania.
As persoas interesadas deben poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais Municipais no Centro Social Polivalente, ou ao través do teléfono 981 50 99 10, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas.
Aportacións económicas
Así mesmo a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONGs e organismos internacionais despregados no terreo:
- Comunicado de la Coordinadora española de ONGD
- Llamamiento de la Federación Internacional de la Cruz Roja y la Media Luna Roja y del Comité Internacional de la Cruz Roja
- OCHA (Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios de las Naciones Unidas). Contribución a través del Fondo Humanitario para Ucrania
- ACNUR (Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados)