O 2º Festival do Cine Galego OTREMO regresa esta primavera a Brión cunha programación que inclúe a proxección de tres películas dirixidas ou protagonizadas, cando menos, por unha/un artista da nosa terra. Ademais dos seráns cinematográficos, as xornadas complementaranse con presentacións, photocall, charlas-coloquio e momentos de petisqueo e música onde participarán algunhas/uns das/dos realizadoras/res e actrices e actores participantes nos filmes.
Programación do festival
O festival, que se desenvolverá durante tres días, celebrarase no Centro Social Polivalente de Brión (Pedrouzos) atendendo ao seguinte programa:
VENRES 12
Proxección de HONEYMOON (2023). Coa presenza e participación da actriz María Vázquez e o realizador Enrique Otero.
Desenvolvemento:
20:00 h. Música en directo / Recibimento / Photocall
21:00 h. Presentación / Película / Coloquio
23:00 h. Música en directo / Petiscos
SÁBADO 13
Proxección de AMIGOS HASTA LA MUERTE (2023). Coa participación da actriz Marta Hazas e o actor e realizador Javier Veiga.
17:00 h. Repetición película do día anterior
20:00 h. Música en directo / Recibimento / Photocall
21:00 h. Presentación / Película / Coloquio
23:00 h. Música en directo / Petiscos
DOMINGO 14
Proxección da película ¡SALTA! (2023). Participación pendente de confirmar (en breve publicaremos a información).
12:00 h. Repetición película do día anterior
16:30 h. Recibimento / Photocall
17:00 h. Presentación / Película / Coloquio
19:00 h. Segunda sesión ¡Salta!
Para asistir como público ao evento será necesario realizar reserva previa de entradas na Billeteira Municipal da web do Concello de Brión: billeteira.concellodebrion.gal. ou chamando ao 649 80 89 03 (A partir do luns 25 de marzo).
Festival “Otremo” é un evento organizado por Aldea Producións e o Concello de Brión.