Ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2022, O concello de Brión ven de recibir unha subvención da Deputación Provincial da Coruña para financiar o mantemento do persoal técnico en xestión cultural.
Neste caso, trataríase do xestor cultural municipal, encargado da programación das actividades culturais e da coordinador do Departamento de Cultura do Concello de Brión.
Ligazón coa resolución publicada no BOP da Coruña