O Concello inviste máis de 10.000€ na mellora do parque infantil de Cornanda

Parque Cornanda
Estas melloras consistiron na limpeza, retirada e reposición con novo recheo de área en toda superficie do mesmo. Tamén se instalaron elementos multixogo novos (tobogán e estrutura) e colocáronse dúas randeeiras de cadeas.

Para finalizar tamén se cambiou o valado de todo o perímetro por un novo de pino silvestre e, nunha das esquinas, colocouse un banco de madeira para que as persoas adultas poidan descansar sen perder ollo das crianzas mentres estas xogan.

Animamos a veciñanza a usar estas renovadas instalacións instándoas a coidalas e respectalas e a colaborar de maneira activa na súa limpeza e mantemento. Nunca se debe deixar lixo tirado nin desperdicios e debemos vixiar entre todos para que ninguén faga un uso malicioso das instalacións nin dos diferentes elementos da zona.

Esta actuación forma parte do programa de conservación e mellora de parques infantís que está a executar o Concello de Brión en todas as instalacións do municipio.