Pablo Lago Sanmartín toma posesión como alcalde de Brión

Alcalde
As primeiras palabras como alcalde foron para convidar a todos os presentes a “traballar e facelo o mellor posible polo benestar de todos os veciños e veciñas"

O Pleno municipal do Concello de Brión, constituído na mañá do sábado día 17 de xuño tras as eleccións do pasado 28 de maio, elixiu a Pablo Lago Sanmartín como alcalde para os próximos catro anos. Á votación so concorreron dúas candidaturas: Pablo Lago e María Fariña Bellón, que obtivo os 6 e 4 votos dos seus respectivos partidos. O BNG decidiu non presentar candidatura e optou pola abstención.

Pablo agradeceu o apoio dos seus compañeiros de grupo, felicitou a todos os concelleiros e concelleiras electos e deu a benvida ás novas incorporacións. Tras agradecer ás familias polo seu apoio, e adiantarlles desculpas polo tempo que a política lle quita á vida familiar, o alcalde convidou a todos os presentes a “traballar e facelo o mellor posible polo benestar de todos os veciños e veciñas de Brión.