O Concello de Brión recibiu unha axuda de mais de 70.000 euros do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 da Xunta de Galicia
Concretamente 29.331,72€ destinaronse a ampliación da seguranza viaria do acceso a aldea de Ombre onde se ampliaron os camiños municipais, realizando un incremento na largura e incidindo na mellora da seguridade viaria permitindo o cruzamento de vehículos ou sobrelargos necesarios en zonas curvas de baixa visibilidade ou entroncamentos.
O resto do importe subvencionado, 42.349,89€, foron para a mellora do firme nesta mesma aldea. Asi as actuacións realizadas en Ombre supuxeron un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas mais axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan.
Estas duas obras foron realizadas pola empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A.