O Concello de Brión colabora coa Sogaps: Solidariedade Galega co Pobo Saharaui que, un ano mais, pon en marcha o programa "Vacacións en Paz 2022".
Grazas a esta iniciativa as familias brionesas que o desexen poden acoller a nenos e nenas Saharuis durante dous meses no verán, para que estes poidan escapar das altas temperaturas que sofren nos campamentos de refuxiados e someterse a diversos exames médicos que na súa vida diaria no poden realizar.
As familias que desexen acollerse a este programa poden dirixirse a SOGAPS no mail sogaps.oficial@gmail.com, ou ben chamando ao número de teléfono 986 262 637.
Para conseguir mais información o vindeiro día 16 de Marzo realizarase unha xornada informativa conxunta co Concello de Ames na Casa da Cultura de Bertamirans ás 20h.