OUTONO CULTURAL 2023 | TEATRO | A LAVERCA - DE ALGO HAI QUE MORRER
A Laverca Producións presenta en Brión a obra "De algo hai que morrer"
Xénero: Comedia | Público adulto.
Autor: Jose Prieto | Director: Marcos Orsi | Actores: Jouse García e Xoque Carbajal
Data: venres, 13 de outubro
Hora: 20:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente
SINOPSE:
Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.
Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal.
A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado?
A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?
Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian?
Maneiras de morrer. Morremos sempre de repente?
O suicidio creativo. Desfruta do teu derradeiro momento
O asasinato. Son os xenocidas uns tolos malvados ou heroes ecolóxicos incomprendidos?
A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras.
O enterro (ou como desfacerse do cadáver).
A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos.
O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?
Entrada de balde ata completar a capacidade do local. É preciso reservar entrada na Billeteira do Concello de Brión.
Actividade organizada co patrocinio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña