VISITA DAS SS.MM. OS REIS MAGOS
As súas maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán Brión o venres 5 de xaneiro de 2024
Como ven sendo habitual os últimos anos, efectuarán un percorrido por todas as parroquias do Concello de Brión nun autobús de época. En cada parada do itinerario, realizarán unha audiencia para que as crianzas de Brión poidan coñecer ás Súas Maxestades e falar con eles durante uns minutos. Un momento máxico para entregar as cartas coas peticións de agasallos de última hora.
ITINERARIO
1ª parada LOCAL SOCIAL DE CORNANDA - 10:15 h.
2ª parada ADRO DA IGREXA DA LUAÑA - 10:45 h.
3ª parada ADRO DA IGREXA DE VICESO - 11:30 h.
4ª parada ADRO DA IGREXA DE ONS - 12:30 h.
5ª parada PARADA DO TRANSPORTE ESCOLAR DE TEMBRA - 13:15 h.
6ª parada ADRO DA IGREXA DE BASTAVALES - 16:30 h.
7ª parada CONTORNA DA IGREXA DE SAN SALVADOR - 17:30 h.
8ª parada CAMPO DE SAN RAMÓN NO TREMO - 18:15 h.
9ª parada ADRO DA IGREXA DOS ÁNXELES - 19:15 h.
10ª parada CARBALLEIRA DE SANTA MINIA EN BRIÓN - 20:15 h.
* Os horarios que se mostran son orientativos, ao longo do día poden sufrir variacións que, en todo caso, se irán informando coa debida antelación.
#unnadalenbrion
#brionsenirmaislonxe