As comunicacións poderán realizarse a través do teléfono das oficinas municipais (981 88 70 06) onde as persoas interesadas terán que indicar a LOCALIZACIÓN EXACTA onde se pretende levar a cabo a cacharela, domicilio ou referencia catastral si se vai realizar nunha parcela. NOME E APELIDOS e DNI da persoa que o solicita e NÚMERO DE TELÉFONO de contacto. Para o caso de cacharelas que se pretendan realizar en espazos públicos deberán indicar ademais nun mapa o lugar exacto da celebración.
Ademais o concello emitiu un BANDO onde se establecen unhas normas básicas que se deben cumprir para o bo desenvolvemento da festa.
O Concello de Brión agradece a colaboración da veciñanza e recorda que o cumprimento das normas respecto ás cacharelas poderá ser comprobado pola Policía Local e/ou forzas de seguridade.