Emerxia é un sistema de notificacións e xestor de incidencias que o Concello de Brión pon a disposición dos cidadáns que permite facer suxerencias ou reportar calquera incidencia coa que se encontre no seu día a día. As persoas usuarias poden reportar incidencias de unha maneira rápida e sinxela, con só acceder ao enlace situado mais abaixo, dende calquera dispositivo, sen instalación ou descargas previas e sen complicacións de configuración.