Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 531.046,20 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego.
O alumnado traballador recibirá formación teórico-práctica do certificado de profesionalidade ENAE0108 MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIONS SOLARES FOTOVOLTAICAS, e as especialidades do catálogo SEPE: SSCI002 Operacións auxiliares de mantemento en piscinas de uso colectivo e fontes ornamentais e SSCI016PO Mantemento e conservación de piscinas.