Brión celebrou a súa tradicional Festa de Entroido

Momento da actuación dunha comparsa durante o desfile de disfraces
Cunha semana de adianto respecto á data habitual, Brión celebrou na tarde do domingo 11 de febreiro o seu tradicional desfile e concurso de disfraces de Entroido. Unha celebración que, nesta ocasión, estivo marcada pola meteoroloxía adversa.

Este ano, Don Carnal visitou Brión con paraugas. A choiva, que caeu con insistencia cara ao serán, non impediu que a veciñanza e as persoas visitantes gozaran da tradicional festa de Entroido, que nesta ocasión adiantou nunha semana a súa habitual data de celebración.

O evento iniciouse arredor das 16:30 h. no Pavillón Polideportivo Municipal, onde as persoas participantes nas diferentes categóricas convocadas se concentraron para iniciar un desfile que transcorreu polo Paseo de Pedrouzos e a Rúa Tarrío ata o Parque de Lamiño, lugar onde se desenvolveu a fase de concurso e o posterior serán musical a cargo do grupo "Lume"

O xurado concedeu o primeiro premio na categoría de comparsas, dotado con 300 euros, a “Entre flores anda o conto” de Boiro. O segundo premio foi para “Rexedoiro III” de Brión e o terceiro para “O soño de Shakura” que chegaron dende Noia. Na categoría de grupos, o primeiro premio foi para “Fantasía Oriental” de Santiago, o segundo para “As Tiktokeras” (Brión) e o terceiro para “As velliñas de Brión”. En total, repartíronse 2.500 € entre as distintas categorías.

A todas as persoas, grupos e comparsas participantes no concurso e ao público asistente, moitas grazas por participar e facer este evento posible. Tamén a Moncho Lemos, que un ano máis presentou e amenizou este serán festivo de xeito maxistral e desinteresado. O noso agradecemento ás persoas integrantes do xurado e ao resto de colaboradoras e colaboradores na organización do evento.

PREMIADAS/OS NO CONCURSO DE DISFRACES

MODALIDADE INFANTIL INDIVIDUAL (ata 11 anos):

1º Premio (vale por 60 € en mat. didáctico ): “Cleopatra, raíña de Exipto” (Noia)

2º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico ): “Daniel’s Kart” (Brión)

3º Premio (vale por 40 € en mat. didáctico ): “Bombero” (Brión)

4º Premio (vale por 30 € en mat. didáctico ): “Rei Magnífico” (Brión)

MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL (+ 18  anos):

1º Premio (100 €): “O embaixador das catro R” (Vilagarcía)

MODALIDADE PARELLAS:

1º Premio (150 €): “Cisne Blanco-Cisne negro: La música nos hace libres” (Santiago)

2º Premio (125 €): “Vaia par de espantallos” (Noia)

3º Premio (100 €): “O paso do tempo” (Noia)

Accésit (30 €): “Preto da lonxitude“ (Vimianzo)

Accésit (20 €): “Yin e Yang” (Noia)

MODALIDADE GRUPOS:

1º Premio (200 €): “Fantasia Oriental” (Santiago)

2º Premio (175 €): “As Tiktokeras” (Brión)

3º Premio (150 €): “As velliñas de Brión” (Brión)

4º Premio (125 €): “Nevada” (Brión)

Accésit (50 €): “As pasiteras das Cancelas” (Santiago)

MODALIDADE COMPARSA:

1º Premio (300 €): “Entre flores anda o conto” (Boiro)

2º Premio (250 €): “Rexedoiro III” (Brión)

3º Premio (200 €): “O Soño de Sakura” (Noia)

4º Premio (150 €): “Somos nós, carnaval” (Lousame)

Accésit (120 €): “Os Piratiñas” (Outes)

Accésit  (85 €): “Galibarbies e Galikens” (Brión)

Accésit (40 €): “Ozone Gym” (Brión)

GALERÍAS DE IMAXES DO ENTROIDO 2023

Galería de imaxes do concurso

Galería de imaxes da entrega de premios