19-10-2024
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

FEGATEATRO 2024 | O RANDIÑA - ASOCIACIÓN DRAMATÚRXIVA PICO DO CASTRO

A Asociación Dramatúrxica Pico do Castro de Foz presenta en Brión o espectáculo teatral: "O Randiña"

Xénero: Comedia | Para tódolos públicos | Duración +50 min.

DATA: 19 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

A obra recrea as peripecias dun vagabundo, “O RANDIÑA”, no seu afán de evitar que se lle arrebate o único lugar que considera o seu fogar, un banco de praza. Este singular personaxe fará fronte á indiferenza, o abuso e a marxinación tendo como única arma o seu inxenio e astucia, logrando sortear cada situación que se lle presente para saír ben librado. Esta obra invítanos a facer unha análise da nosa vida e do noso papel na sociedade desde unha perspectiva distinta.

Entrada de balde ata completar a capacidade do local.

Fecha Fin
2024-10-19