O Concello de Brión deixa de publicar na rede social X, antigamente coñecida como twitter

Abur X
Unímonos así ao grupo de personalidades e medios de comunicación que ultimamente están a abandonar esta rede alegando a proliferación de contido tóxico e desinformativo.

Dende a chegada da nova dirección á plataforma X, a manipulación da información para a desinformación da cidadanía así como a promoción de teorías de conspiración de extrema dereita e racismo aumentou significativamente. Ademais estase a permitir a libre circulación de bulos, mentiras e discursos de odio, prácticas que non reflicten os valores de respecto, convivencia e transparencia que defendemos como institución pública.

O noso compromiso coa veciñanza segue sendo firme. Continuaremos informando de todas as novidades e actividades a través das nosas canles oficiais, como:

Agradecemos a todas as persoas que nos seguiron nesta plataforma e convidámolas a continuar conectadas cos nosos outros espazos dixitais. Seguiremos construíndo unha comunidade informada, participativa e libre de contidos que fomenten divisións ou prexuízos.