O Concello de Brión recibiu unha subvención do INEGA para a instalación de dous puntos de recarga de vehículos eléctricos.

Punto Recarga VE Pavillón
Para a colocación dos dous puntos de recarga, no pavillón e na biblioteca, o Concello de Brión e o Inega investiron un total de 42.655,78€.

Xa se atopan en funcionamento os dous puntos de recarga de vehículos eléctricos do Concello de Brión. Un está situado no aparcamento traseiro do edificio da Biblioteca Municipal na Carballeira de Santa Minia e o outro a carón da entrada do pavillón municipal de Lamiño.
 

Punto recarga VE Biblioteca


O investimento para a colocación destes dous puntos de recarga ascendeu a 42.655,78€ dos cales 12.796,74€ foron con cargo a unha subvención para a Implantación da infraestruturas de recarga de vehículo eléctricos (Programa Estatal de Incentivos á Mobilidade Eléctrica - Programa Moves III) do Instituto Enerxético de Galicia pertencente a Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Concretamente esta subvención, con fondos financiados pola Unión Europea Next Generation UE, estaba encadrada no Programa de Incentivos 2: Implantación de Infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.

Carteis Subvención INEGA