O Concello de Brión celebra a súa terceira Mesa local de coordinación institucional contra a violencia de xénero

Mesa Violencia
A concelleira Rosa Romero, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, presidiron esta mañá a terceira sesión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénerro de Brion

Rosa Romero desculpou a ausencia de última hora do alcalde, Pablo Lago, e agradeceu a asistencia de todas as persoas e entidades presentes no centro social polivalente pois “todos estamos implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero e, sobre todo, na busca dunha maior eficacia na resposta que dende a Administración damos a esta lacra social. Estes encontros deben servir para mellorar os procedementos de actuación que xa existen e avanzar na coordinación entre todos co obxectivo final de mellorar as actuacións contra a violencia de xénero”.

Durante a sesión de hoxe analizáronse o estado dos casos activos de violencia de xénero no sistema VIOGEN e ATEMPRO, repasouse a programación das actividades de prevención das violencias machistas no Concello de Brión e informouse sobre o servizo de transporte e aloxamento de urxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Esta terceira sesión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Brión contou coa participación da xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, Manuela Vilaboy; da xefa do Departamento de Servizos Sociais de Brión, Victoria Varela Rodríguez; Marcos Delgado García, xefe da Policía Local; Miguel Ángel Mosquera Otero, cabo 1º do equipo VIOGEN de Santiago de Compostela; Mª Dolores Campos Lueiro, directora da Escola Infantil Municipal de Brión; Catalina Domínguez Cociña, profesora da EEI dos Ánxeles; Belén Sánchez Bugallo, médica do centro de saúde de Brión; Carmen Sendón, técnica de Igualdade da Subdelegación do Goberno na Coruña; e Beatriz Yáñez, técnica de Igualdade do Concello de Brión. Desculparon a súa presenza as persoas representantes da Escola Infantil de Sabaxáns, do IES de Brión e do CEIP de Pedrouzos e da EEI dos Ánxeles.