A Xunta anunciou que reforzará o equipamento de varios Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) coa entrega de varias furgonetas todoterreo, vehículos tipo autobomba rural lixeira (BUL) e camions bomba rural pesada (BRP) cos que mellorará a "eficacia" nas suas intervencións, o que suporá unha inversión de mais de 1 millón de euros.
En canto ao GES de Brión recibirán unha furgoneta 4x4 dotada con 500 litros de auga e "completamente equipada".
O executivo galego aproveitou para reivindicar o seu "compromiso" coa creación e mantemento dos GES coas entregas de equipamento previstas para este mes.
Se ben o GES é competencia munciipal, a Xunta asume parte do funcionamento do coste anual dos mesmo, e así mesmo tamén contribue a formación dos seus efectivos dende a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).