La Xunta reforzará en marzo o equipamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal

GES
A inversión total en Galicia será de mais de un millón de euros

A Xunta anunciou que reforzará o equipamento de varios Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) coa entrega de varias furgonetas todoterreo, vehículos tipo autobomba rural lixeira (BUL)  e camions bomba rural pesada (BRP) cos que mellorará a "eficacia" nas suas intervencións, o que suporá unha inversión de mais de 1 millón de euros.

En canto ao GES de Brión recibirán unha furgoneta 4x4 dotada con 500 litros de auga e "completamente equipada".

O executivo galego aproveitou para reivindicar o seu "compromiso" coa creación e mantemento dos GES coas entregas de equipamento previstas para este mes.

Se ben o GES é competencia munciipal, a Xunta asume parte do funcionamento do coste anual dos mesmo, e así mesmo tamén contribue a formación dos seus efectivos dende a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).