A Deputación da Coruña convoca todos os anos esta subvención co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.
A Rede Cultural é un espazo de programación artística que ten como obxectivo principal garantir unha oferta cultural diversificada e de calidade nos municipios da provincia. Oriéntase, polo tanto, a favorecer a capacidade dos concellos da provincia para desenvolver programacións culturais para os seus veciños e veciñas.
A Rede Cultural, en tanto iniciativa promovida pola Deputación, débese a un ámbito territorial claro, comprendido dun xeito que tamén se aplica a outros programas (as convocatorias de subvencións, por exemplo): garantir que as actividades subvencionadas ou contratadas se desenvolven na provincia e benefician os veciños e veciñas dos seus concellos.
Para este programa a Deputación de A Coruña habilitou un partida específica por un importe total de 1.975.000,00 euros dos cales 23.372,10€ virán a parar ao Concello de Brión para contratar os seguintes espectáculos:
- ESCENA AO VIVO - MÚSICA PROFESIONAL: MERCEDES PEÓN. Xira: Ingrávida (8.603,10€)
- ESCENA AO VIVO - MÚSICA PROFESIONAL: JOSÉ SUÁREZ. Espectáculo: Suite para una vida de Rafa Fernández (1.200,00€)
- ESCENA AO VIVO - TEATRO PROFESIONAL: AMORODIO TEATRO. Obra: A Nai (1.800,00€)
- ESCENA AO VIVO - TEATRO PROFESIONAL: MOFA E BEFA. Obra: Pirolíticos (2.032,80€)
- ESCENA AO VIVO - TEATRO PROFESIONAL: A LABERCA. Obra: De algo hai que morrer (1.234,20€)
- ESCENA AO VIVO - TEATRO PROFESIONAL: TEATRO DO NOROESTE. Obra: Feirantes (1.290,00€)
- ESCENA AO VIVO - MAXIA: MARTÍN CAMIÑA ILUSIONISTA. Espectáculo: Trapalladas ben feitas (1.794,00€)
- RC-CC (2023000018643): MAGO TETO. Espectáculo Rock & Magic (1.800,00€)
- RC-CC (2023000018643): A PANADARÍA. Obra: As que limpan (2.520,00€)
- RC-CC (2023000018643): ELISARDO DE LA CRUZ GARCÍA. Obra: Esas cousas marabillosas (1.098,00€)