29-05-2024
     
17:00h.
Centro Social Polivalente

NOVA DATA!!!! OBRADOIRO: BENESTAR EN FAMILIA. COIDÁMONOS EN EQUIPO

No anterior obradoiro organizado para apoiar ás familias no proceso da crianza (que levou por nome: "Educación emocional e sexual na familia"),  quedou  claro que en Brión hai moitas familias comprometidas con ofrecer unha educación en positivo aos seus fillos e fillas. Nesa ocasión o número de inscricións duplicou o de prazas dispoñibles, polo que se decidira tamén duplicar o obradoiro ofertado, para que ningunha persoa interesada quedara fóra.

É por isto, que dende a área de Igualdade se aposta por seguir ofrendo ás persoas con menores a cargo un espazo onde poder compartír preocupacións e dúbidas, e no cal poder seguir coñecendo recursos e ferramentas nos que apoiarse.

Para isto confiamos unha vez máis na labor do Centro Quérote+, e dunha excelente profesional como é a psicóloga e sexóloga Penélope Alonso, que volverá estar con nós o vindeiro 29 de maio ás 17h no C.S.P.

As persoas que xa estaban anotadas para a anterior data teñen a súa praza asegurada. Abrimos novo prazo para novas inscricións, por calquera destas 2 vías:

  • beatriz.yanez@concellodebrion.gal
  • 981 50 99 10
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-05-29