NOVA DATA!!!! OBRADOIRO: BENESTAR EN FAMILIA. COIDÁMONOS EN EQUIPO
No anterior obradoiro organizado para apoiar ás familias no proceso da crianza (que levou por nome: "Educación emocional e sexual na familia"), quedou claro que en Brión hai moitas familias comprometidas con ofrecer unha educación en positivo aos seus fillos e fillas. Nesa ocasión o número de inscricións duplicou o de prazas dispoñibles, polo que se decidira tamén duplicar o obradoiro ofertado, para que ningunha persoa interesada quedara fóra.
É por isto, que dende a área de Igualdade se aposta por seguir ofrendo ás persoas con menores a cargo un espazo onde poder compartír preocupacións e dúbidas, e no cal poder seguir coñecendo recursos e ferramentas nos que apoiarse.
Para isto confiamos unha vez máis na labor do Centro Quérote+, e dunha excelente profesional como é a psicóloga e sexóloga Penélope Alonso, que volverá estar con nós o vindeiro 29 de maio ás 17h no C.S.P.
As persoas que xa estaban anotadas para a anterior data teñen a súa praza asegurada. Abrimos novo prazo para novas inscricións, por calquera destas 2 vías:
- beatriz.yanez@concellodebrion.gal
- 981 50 99 10