Brión celebrou a festa do Entroido 2025

Imaxe do desfile do Entroido de Brión 2025
O domingo, 2 de marzo, Don Carnal visitou Brión un ano máis. E con el, chegou a festa do Entroido ao concello, co tradicional desfile, concurso e baile de disfraces.

Un ano máis Brión celebrou a súa tradicional festa de Entroido. A xornada de celebración comezou pasadas as 16:30 h., iniciándose co desfile de participantes dende o Pavillón Polideportivo Municipal de Brión. De seguido, os participantes recorreron a distancia que os separaba da Rúa Tarrío acompañados pola charanga Os Celtas. Alí esperábaos o xurado e a maior parte do numeroso público asistente para iniciar a fase de concurso, onde se repartiron máis de 2500 € en premios. O serán rematou co tradicional baile de disfraces, amenizado polo Grupo Ritmo.

Relación de premiadas/os no Entroido de Brión 2025

MODALIDADE INFANTIL INDIVIDUAL (ata 11 anos)

1º Premio (vale por 60 € en mat. didáctico ): Familia Loro da Estrada

2º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico ): Escorpiplasti de Brión

3º Premio (vale por 40 € en mat. didáctico ): Baila co Vento de Noia

 

MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL (+ 18  anos)

1º Premio (100 €): Furbi Remolón de Negreira

2º Premio (75 €): Pavo Real de Brión

 

MODALIDADE PARELLAS

1º Premio (150 €): La Corona Británica de Noia

2º Premio (125 €): Un amor monstruoso de Noia

3º Premio (100 €): Minigreasse de Brión

Accésit (50 €): Os Gamusinos de Noia

 

MODALIDADE GRUPOS

1º Premio (200 €): Os Mini Picapiedra de Rois

2º Premio (175 €): Las súper heroínas nunca faltan de Brión

3º Premio (150 €): Desayuna con alegría de Ames

4º Premio (125 €): Os Potter de Brión

Accésit (75 €): Minimerry 2 de Brión

Accésit (75 €): As fadas gardiás do Monte da Rañalonga de Brión

 

MODALIDADE COMPARSA

1º Premio (300 €): Circo Xirarei de Noia

2º Premio (250 €): Xirafas Peregrinas de Oroso

3º Premio (200 €): Os Romanos de Pedrouzos de Brión

4º Premio (150 €): Os miudiños de Muros

Accésit (100 €): A Lobeirada de Brión

 

GALERÍAS DE IMAXES DO ENTROIDO 2025

Galería de imaxes do desfile e concurso

Galería de imaxes das persoas premiadas