
Un ano máis Brión celebrou a súa tradicional festa de Entroido. A xornada de celebración comezou pasadas as 16:30 h., iniciándose co desfile de participantes dende o Pavillón Polideportivo Municipal de Brión. De seguido, os participantes recorreron a distancia que os separaba da Rúa Tarrío acompañados pola charanga Os Celtas. Alí esperábaos o xurado e a maior parte do numeroso público asistente para iniciar a fase de concurso, onde se repartiron máis de 2500 € en premios. O serán rematou co tradicional baile de disfraces, amenizado polo Grupo Ritmo.
Relación de premiadas/os no Entroido de Brión 2025
MODALIDADE INFANTIL INDIVIDUAL (ata 11 anos)
1º Premio (vale por 60 € en mat. didáctico ): Familia Loro da Estrada
2º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico ): Escorpiplasti de Brión
3º Premio (vale por 40 € en mat. didáctico ): Baila co Vento de Noia
MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL (+ 18 anos)
1º Premio (100 €): Furbi Remolón de Negreira
2º Premio (75 €): Pavo Real de Brión
MODALIDADE PARELLAS
1º Premio (150 €): La Corona Británica de Noia
2º Premio (125 €): Un amor monstruoso de Noia
3º Premio (100 €): Minigreasse de Brión
Accésit (50 €): Os Gamusinos de Noia
MODALIDADE GRUPOS
1º Premio (200 €): Os Mini Picapiedra de Rois
2º Premio (175 €): Las súper heroínas nunca faltan de Brión
3º Premio (150 €): Desayuna con alegría de Ames
4º Premio (125 €): Os Potter de Brión
Accésit (75 €): Minimerry 2 de Brión
Accésit (75 €): As fadas gardiás do Monte da Rañalonga de Brión
MODALIDADE COMPARSA
1º Premio (300 €): Circo Xirarei de Noia
2º Premio (250 €): Xirafas Peregrinas de Oroso
3º Premio (200 €): Os Romanos de Pedrouzos de Brión
4º Premio (150 €): Os miudiños de Muros
Accésit (100 €): A Lobeirada de Brión
GALERÍAS DE IMAXES DO ENTROIDO 2025