Comezou o outono e coa nova estación chega a Brión unha nova edición da programación cultural e de lecer “Brión Cultural” que desta xeira vai estar composto por un total de oito espectáculos, onde o teatro profesional e a narración oral son protagonistas. A eles tamén hai que sumar a programación de “Ler conta moito” un programa da BPM de Brión que suma cinco espectáculos máis de narración oral ao cartel.
Teatro profesional para os meses de outubro e novembro
“Brión Cultural” desenvolverase ao longo dos meses de outubro e novembro presentando na sala multiusos do Centro Social Polivalente ata oito funcións teatrais que se celebrarán os sábados a partir das 20:00 h. A entrada será de balde ata completar o aforo , con reserva previa a través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.
Sábado 2 de outubro:
Redrum Teatro “Idiota”
Sábado 16 de outubro:
A Panadaría “Elisa e Marcela”
Sábado 23 de outubro:
Teatro do Atlántico “ Libre coma os paxaros”
Sábado 30 de outubro:
Mofa e Befa : “Dúas pedras no camiño”
Sábado 6 de novembro:
Talía Teatro: “Vida de cans”
Sábado 13 de novembro:
Quico Cadaval, Celso Sanmartín e Guti : “Tres vellas (polo menos)
Sábado 20 de novembro:
Cándido Pazó : “Mocos”
Sábado 27 de novembro:
Malasombra Teatro “Bernarda”
Animando a ler dende a biblioteca a través da narración oral e a música
A biblioteca municipal presenta un ano máis unha ampla programación de contacontos e espectáculos de animación ao abeiro do programa Ler conta moito, patrocinado pola Rede de Bibliotecas de Galicia. Este ano, baixo o lema de “Outubro, mes da biblioteca”, a sala municipal de exposicións acollerá cinco espectáculos que se celebrarán cada venres do mes de outubro a partir das 18:00 h. A entrada, coma sempre, será de balde ata completar o aforo, con reserva previa das cadeiras de xeito presencial na biblioteca municipal ou a través do tfno. 981 50 99 69 (tardes) e do correo electrónico bibliotecadebrion@briondixital.org
Venres 1 de outubro:
Paco Nogueiras: “Extra !”
Venres 8 de outubro:
Pedro Brandariz: “Médico de familia”
Venres 15 de outubro:
Pakolas: “Ramona Órbita, a dona do tempo”
Venres 22 de outubro:
Moc-Moc- MeRe Clow: “Circo na casa”
Venres 29 de outubro:
Rigoletto Teatro: “Cantando con Pinocchio”
En todos os espectáculos, respectaranse as normas ditadas polas autoridades sanitarias para garantir a seguridade das persoas asistentes. Por iso, será obrigatorio o uso de máscara, a hixienización de mans con xel hidroalcólico na entrada e permanecer sentados en cadansúa cadeira mantendo a distancia de seguridade entre persoas que non convivan.
Outono, unha estación que este ano convida máis que nunca a saír da casa e gozar da cultura de xeito seguro sen ir tan lonxe.