Concello de Brion

logotipo

Actividades

Noticias

Imaxe do alcalde de Brión co alumnado premiado
16-01-2025

O alcalde de Brión, Pablo Lago, achegouse un ano máis ás escolas do municipio para entregar os premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame destinado á poboación escolar brionesa de Infantil e Primaria do CEIP de Pedrouzos, a EEI de Os Ánxeles e a EEI de Sabaxáns (Bastavales). As crianzas galardoadas recibiron vales de 30, 25 e 20 euros intercambiables por libros, xogos ou material escolar.

Casa da Cultura
16-01-2025

A subvención, por importe de 15.000€, destinarase a sufragar os gastos de mantemento do xestor cultural municipal, encargado da programación das actividades culturais e da coordinador do Departamento de Cultura do Concello de Brión.

Mais info na seguinte ligazón:
Deputación da Coruña: https://i.gal/lkb4I

Limpeza SEAGA
10-01-2025

Nos últimos días, a veciñanza de Brión está a recibir notificacións do Servizo Agrario Galego (SEAGA) para levar a cabo a limpeza das parcelas situadas en zonas de protección contra incendios. Esta iniciativa busca previr riscos para as vivendas en caso de incendio, especialmente de cara á tempada estival.

Avisos

Próximos Eventos

TEST

¡Brión en fotos!