A actuación máis importante tivo lugar no parque infantil da Luaña, onde se instalaron tres novos xogos: unha torre en forma de casa con tobogán, un bambán dobre de madeira e un columpio dobre. Así mesmo, tamén se instalaron novos xogos noutros tres parques do municipio: un resorte, un tobogán e un bambán dobre no Outeiro (Os Ánxeles), un tobogán e un columpio en Chave de Ponte (Bastavales) e un columpio individual xunto á escola unitaria dos Ánxeles.
Así mesmo, procedeuse a realizar pequenos arranxos tanto nos xogos como nos elementos de protección dos outros sete parques infantís para mellorar a seguridade da cativada. Así, cambiáronse os contrachapados de saída dos tobogáns dos parques infantís de Guitiande e O Tremo, onde tamén se cambiou o asento dun dos columpios. Tamén se cambiaron os asentos dos columpios dos parques de Villacaracas e do adro da Igrexa de Bastavales. Finalmente, mellorouse a ancoraxe do tobogán do parque infantil da rúa Tarrío e cambiouse sendas barras protectoras nos parques de Agro Novo e de Brión.