A Solicitude de Comprobación Previa ao Inicio da Actividade terá por obxecto a verificación de que se cumpren os requisitos para o exercicio da actividade e a apertura do establecemento ou, en caso contrario, sinalaranse os incumprimentos ou as deficiencias detectados e concederase un prazo de emenda.
 
Calquera persoa física que desexe solicitar a realización dunha inspección de comprobación do local ou do establecemento, que terá por obxecto a adecuación deste á normativa aplicable e o cumprimento das condicións legais e técnicas da actividade.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso/s normalizado/s para presentar.
  • Solicitude de Comprobación Previa ao comezo da Actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.

Nome: Solicitude de Comprobación Previa ao Inicio da Actividade.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedimiento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.
Organo de resolución: Alcaldía.
Carácter del silencio administrativo: Silencio positivo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) y presencial.