1° SESIÓN DO PROXECTO: MULLERES FRONTE A EMERXENCIA CLIMÁTICA
Martes 22 de novembro ás 12h
Onde? No salón de actos do Centro Social Polivalente
Dirixido a: Mulleres (non é preciso ter coñecementos previos, só ganas de compartir vivencias e experiencias propias sobre os xeitos de vivir de antes (e de agora), e de como as mulleres coidaron e coidan do entorno.
Duración do proxecto: 5 meses con 2 xuntanzas por mes, aproximadamente.
En que consiste o proxecto? En crear un espazo no cal compartir saberes, experiencias, formas de facer que as mulleres levan practicando ao longo de moitos anos no rural, para coidar o noso medio... En buscar alternativas para construír sociedades máis xustas, igualitarias e menos agresivas co medio ambiente.
Promove: Feitoria Verde S. Coop. Galega.
Organiza: Área de Igualdade do Concello de Brión.
Para + Info e inscricións: 981 50 99 10 / bea@briondixital.org