Concello de Brion

logotipo

Actividades

Novas

Imaxe da xuntanza entre as partes implicadas no proxecto
21-02-2025

Un total de 61 nenos e nenas da Escola de Educación Infantil dos Ánxeles participarán na plantación dun bosque de árbores autóctonas nunha finca municipal na contorna da urbanización do Inxerido, na parroquia dos Ánxeles (Brión). Trátase dunha iniciativa ecolóxica xurdida a través do proxecto de Fin de Grao de Ainhoa Prieto Álvarez, alumna de Dobre Grao en Mestra en Educación Infantil e Primaria.

Momento da inauguración da mostra de traxe tadicional galego na Sala Municipal d Exposicións
21-02-2025

A concelleira de Cultura, Sandy Cebral, e a investigadora María Susana Peleteiro Fernández inauguraron na noite de onte xoves a exposición “Traxes tradicionais de Galicia e o falseamento histórico na folclorización: exposición didáctica”.

Obradoiro Emprego 25
13-02-2025

Os alcaldes de Brión, Pablo Lago, e Ames, Blas García, xunto coa delegada da Xunta, Belén do Campo, e o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, visitaron esta mañá o obradoiro de emprego “Renova VII”. Unha iniciativa organizada polos concellos de Brión e Ames no que se formarán 20 persoas en Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares Fotovoltaicas durante os próximos nove meses.

Avisos

Próximos Eventos

TEST

¡Brión en fotos!