23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA
Acto homenaxe a Rosalía de Castro con alborada, ofrenda e lectura de poemas.
Lugar de celebración: Adro da igrexa parroquial de San Xiao de Bastavales
Data e hora: 23 de febreiro ás 12:00 h.
Ao longo da xornada e en diferentes establecementos hostaleiros de Brión, a clientela poderá gozar do “Caldo de Gloria” e do “Café con verso”.
A primeira é unha iniciativa que homenaxea a Rosalía ofrecendo coas consumicións, a xeito de petisco, un tradicional caldo galego. Asemade, os cafés da xornada irán acompañados dun poema da autora.
Fecha Fin
2022-02-23
Documentos
Cartel Día de Rosalía 2022.pdf
(2.21 MB)