8M | DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
5M e 12M | OBRADOIROS (RE)CONECTARME A TRAVÉS DA CREATIVIDADE
DE 18:45 A 20:45 h. Centro Social Polivalente
Espazo para mulleres de +16 anos onde aprender a conectarnos coas emocións e o noso mundo interior, a través da creatividade, o xogo, a arte e o movemento.
Traballarase con materiais como a pintura e a arxila, pero o obxectivo non será o resultado das “obras”, se non buscar coñecernos mellor e harmonizarnos con nós mesmas a través do vivenciado durante o proceso creativo.
*Os obradoiros serán diferentes, recoméndase asistir a ambos, pero existe a posibilidade de participar só nun.
Para + info e INSCRICIÓNS: beatriz.yanez@concellodebrion.gal
7M | TEATRO: AS DAMAS DE FERROL
20:30 h. Centro Social Polivalente
Público adulto | Comedia
8M | LECTURA DO MANIFESTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE BRIÓN
12:00 h. Praza do Concello
Acompañada dunha exposición elaborada polo alumnado do CEIP Pedrouzos que pon en valor a diversas mulleres referentes no campo da saúde e o deporte e a súa aportación na mellora do benestar e a calidade de vida.